jueves, 13 de junio de 2013

VERDEDADES no CEIP Vales Villamarín, de Betanzos

Hai unhas semanas fun convidado a ir ao cole de Betanzos, ao Vales Villamarín, onde estudan os meus fillos. A idea era interactuar cos nenos e nenas de infantil, a raíz do traballo que levaban facendo arredor do libro VERDEDADES. Foi toda unha sorpresa pra min ver como os nenos sabían os poemas, coñecían as plantas reais, elaboraran traballos monográficos sobre as diferentes especies e, por se fose pouco, grabaran e aprenderan melodías de rap coas letras das poesías. Incluso as rapeaban diante de min!!! Foi moi entrañable para min non só como ilustrador (non cabía de orgullo), senón especialmente como docente e como pai. Saber que dun libro sobre plantas e persoas se pode sacar tanto con vontade pedagóxica, ver que as ramificación do traballo se estenderon cara a tantos beneficios para os pequenos, e observar a enorme carga de motivación que as profes lles meteran no corpo, ...todo elo foi un subidón emocional inesquecible. Dende aquí quero darlles mil grazas as mestras do cole. Valen ouro!!


 














No hay comentarios: