jueves, 9 de mayo de 2013

PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO - FREI MATÍN SARMIENTO AWARD

Hoxe tivemos a honra de recoller o PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO á mellor obra infantil do ano, por VOU TER UN IRMÁN. María Solar, a escritra, e mais eu, ante un auditorio cheo de nenos e nenas, tivemos que contarlles a nosa profesión de autores, e fomos despois bombardeados polas súas preguntas. Este premio é especialmente ilusionante, porque procede non dun xurado, senón directamente de lectores de toda Galicia.
Today we had the pleasure to receive an award, the Frei Martín Sarmiento, for the best book for children last year. In fron of an audience of hundres of children, María Solar (the writer) and myself explained to them about our professions, and we were "attacked" with load of questions by them The good thing of this award is that it is the readers all over Galicia who decide, not a professional jury.

UNHA VISITA MOI ESPECIAL AO COLEXIO A MAÍA DE BERTAMIRÁNS - A very special visit to A Maía school, in Bertamiráns

















Este martes Dores Tembrás e mais eu visitamos o cole A Maía, de Bertamiráns. O motivo foi traballar co noso libro, O PEIZOQUE ROQUE, nas aulas de Infantil. E debo recoñecer que non foi unha simple visita, porque o terreo estaba máis que abonado. Como docente, non deixei de sorprenderme de tanto traballo de fondo como vin nos rapaces previamente. Partindo do libro como catalizador, elaboraron niños con plantas reais, afondaron nas palabras como portadoras de mundos e sensacións, leron e aprenderon poesía, e debuxaron, personalizándoo, un peizoque para cada neno e nena. A nosa visita foi unha catarse, un fin de festa, porque a verdadeira festa, en pedagoxía, é sempre o día a día. Foi todo un pracer comprobar que hai centros onde estimulan a creatividade, cren nas potencialidades dos nenos, e recorren, con mente sempre aberta, flexible e sensible, a todo tipo de medios e recursos que fagan posible o seu crecemento persoal. Parabéns aos mestres!!!!
Last Tuesday Dores Tembrás and myself payed a visit to A Maía school, in Bertamiráns. The reason was to work with our common book, O PEIZOQUE ROQUE, with the kindergarden children. As a teacher, I must admit I felt really impressed, as they had been working hard on the words, the design, the rhymes, and they had even made a real nest, with real plants. I was amazed and happy to see how good professionals stimulate the children's creativity, mental flexibility and adaptability, and really believe in their own potentialities. Congratulations!!!