miércoles, 6 de julio de 2011

DÚAS PUBLICACIÓNS - Two new publications

Acaban de saír dous libros coa mesma editorial, Edicións Xerais: "O souto escuro e perigoso" (escrito por Miguel Vázquez Freire) e "Os reloxos preguiceiros de Néboa" (de Xavier Lama). Ambos traballos son verdadeiramente diferentes, por varios motivos. Un deles é un conto para nenos; o outro, aínda que tamén para público infantil, trátase dunha obra de teatro. As cores de "Os reloxos..." son cálidas, doces, reforzado todo isto pola elección (acertada, creo eu) por parte da editorial dun papel de cor crema; "O souto..." é un libro negro, si, pintado en branco integramente. Por que? porque é un libro de medo! E un libro sobre a Escuridade...e así pensei que tiña que ser.
Saen ao mercado xuntos, pero non revoltos. E, coma sempre, espero que gusten.
Two new books have just been published, both by "Edicións Xerais": "O souto escuro e perigoso" (somthing like "The dark dangerous forest", written by Miguel Vázquez Freire) and "Os reloxos preguiceiros de Néboa" ("The lazy clocks in Néboa", by Xavier Lama). They are absolutely different works, in many senses: one is a tale for children; and althought the other is also for children, it is a theatre play. The colours of "Os reloxos..." are warm, tender, and even more because the publishers have chosen a beige paper; "O souto" is a black book, yes, painted in white, completely. Why? Because it is a horror book! And about Darkness... and this is the way I thought it should be.