viernes, 29 de enero de 2010

UN NOVO LIBRO - A NEW BOOK

Sempre que traballo con Baía Edicións teño a sensación que de me saen ás. Digo isto porque teñen a sana manía de deixarme as mans sempre libres ante os proxectos. E iso é un perigo para un creador. Desta volta metinme nun proxecto co meu amigo (e sen embargo co-creador) Arturo Iglesias (quen queira visitar o seu blogue, aquí).
Whenever I work for Baía Edicións I feel as if I had wings. I say so because they usually let me do whatever I want. And that is something dangerous to say to a creator. This time I got into a project with my friend (and however co-creator) Arturo Iglesias.
Na colección CEMPÉS, xa con Caroina e os caracois, pretendimos facer libros que tivesen aplicación nas aulas de infantil , de tal xeito que os nenos e nenas puidesen "contar" o conto da mesma maneira ca nós, é dicir, cos mesmos materiais, as mesmas técnicas. Primeiro foi o barro, e sabemos de moitos coles que levaron a cabo a experiencia con barro e plastilina. Agora, con este libro, ANTÓN, SI TAL!, tocoulle o turno ao COLLAGE.
With the colection CEMPÉS and the book Carolina e os Caracois (Carolina and the snails) we intended to make books which might have an application in children's classes, so that they could "tell" the tale the same way as us, with the same materials and techniques. First it was clay, and we know of some schools where they put ir into practice: they read the book and then they "told" it with clay and plasticine. Now, with this book, ANTÓN, SI TAL! (Antón, of course!), there came the turn for COLLAGE.

Para iso seguín a idea de que todo na vida cotiá pode server para facer arte, para crear beleza e, sobre todo, para contar historias. Nestas montaxes feitas a man hai de todo: sopa de estrelas, papel aluminio, tornillos, chapas de cerveza, fideuá, tea, paus de xeados,... e un longo etc. A editorial vai crear no seu espazo web unha sección de actividades que acompañen ao libro, con xoguiños e demais. Foi toda unha diversión realizar as montaxes, sobre todo porque pretendín que en cada imaxe houbese algo cotián, que os nenos puidesen recoñecer (unha moeda!!! un estropallo!!!), así que cada paso de páxina é un xogo, unha adiviña, un reto. E a historia, escrita por Arturo, combina a delicadeza literaria coa máis rigorosa pedagoxía (Arturo é escritor, si, pero tamén pedagogo, profesor, deseñador, ..): puro construtivismo. O libro sairá en breve, porque xa marchou para a imprenta.
My starting point was the idea that everything in everyday life is usefull to make art, to create ceauty and, mainly, to tell stories. On these handmade works there is everything: stars soup, aluminium planks, screws, beer lids, pasta, cloth, ice-cream sticks,...The editing house is going to create a section on their web site with games and activities around to book. It was real fun to create it all, because I tried to put someting in each page that the children could recognize as familiar. And the story, written by Arturo, apart from being literarilly delicate, is rigorously pedagogical (he is a pedagogue, a teacher, a graphic designer,..): PURE CONSTRUCTIVISM. The book will be released soon, because they are printing it right now.

3 comentarios:

RuAn dijo...

Podoche facer unha pregunta? (se contamos esta primeira dous, claro)Todas as ilustracións son a dobre páxina?
Moi bo traballo. Saúdos
ANtón

xosé tomás dijo...

Ola, Antón. Todas as ilustracións son a dobre páxina, si. Sempre trato de facerlo así, polo feito de que o ipacto visual hacia o lector conséguese ao pasar a páxina, e sempre recibimos esa "sorpresa" a través das dúas páxinas.
Apertas
XTomás

RuAn dijo...

Grazas pola información. Apertas