miércoles, 21 de enero de 2009

PRESENTACIÓN DE "COMPAÑEIROS" - "Compañeiros" presentation

Mañá mércores preséntase a banda deseñada que realicei apra a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, titulada "Compañeiros". O acto terá lugar na Casa Museo Casares Quiroga, na Coruña, ás 10:30h. Estará no acto Manuel Rivas, que fará a presentación. Aquí van uns fragmentos da obra, que, aínda que breve (15 páxinas), relata uns acontecementos terribles e moi intensos... de aí a curta extensión. Aínda que a obra foi rematada hai tempo xa, relendo agora as páxinas, e pensando que mañá se presentará, quizais, ante familiares das vítimas que debuxei, volvo a sentir verdadeiro pesar e opresión. Quizais porque desta volta non era un traballo máis de ficción. Non se trataba dunha historia lonxana, distante, senón que se falaba de persoas reais que sufriron o indicible simplemente para poder desfrutar dun pouco de aire limpo. Espero que a obra sirva de homenaxe a esas persoas, e que, cando menos, lles restitúa parte da dignidade merecida e esquecida.
Here are some samples of the short story I will present tomorrow. It's going to take place at Casa Museo Casares Quiroga, A Coruña, at 10:30h, and Manuel Rivas will be there to give it his blessing. Although it's only 15 pages long, it relates the terrifying story of near a hundred people who tried to escape from Franco's regime, back in 1937. But they couldn't. And they were killed and tortured. Although the work was done some time ago, I now recall it, and re-reading the pages I can feel the opression again. Yes, real characters, real people, real people's parents and grandparents. And I had to draw them. I honestly hope my traces will give them back the dignity they lost once and again.