jueves, 17 de abril de 2008

Novos libros - New books


A editorial Baía vai publicar en (moi) breve un par de libros bastante peculiares: tratan de ciencia, non en van foron escritos pola xornalista, bióloga e presentadora da RTVG María Solar (que presenta o programa Ciencia Nosa).

Nos libros existe unha trama de ficción cun transfondo científico, que fai que todo se mesture (polo menos para min, como lector) harmonicamente.


Ademais de ilustrar os dous libros, participei, xunto co meu amigo (e pedagogo, profesor, deseñador e guionista de contidos educativos) Arturo Iglesias, na elaboración de actividades didácticas sobre a historia e todas as ramificacións que pode ter en torno á ciencia.
Sairán pronto, moi pronto...pero aquí van uns avances.
Baía Publishers will soon release a couple of books which are quite peculiar: they deal with science, and the author, María Solar, is a well-known journalist (also biologist), who conducts a program about science on RTVG. The books have a fictional plot based on scientific events, and both are combined wisely. I illustrated both, and also took part (together with my friend Arturo iglesias, teacher, designer and scriptwriter for educational purposes). They will be released soon, very soon... but here you can see some samples.

miércoles, 16 de abril de 2008

Tomeime un respiro - I had a short break

Convido aos lectores a asistir á exposición que teño no Centro Sociocultural O Ensanche, en Santiago de Compostela até finais de mes. Nela hai mostras de banda deseñada, ilustración, cartelismo, humor gráfico e material multimedia. organizada pola Universidade de Santiago e o Concello, pretende amosar como unha exposición pode ser un material didáctico en si. E no marco da mesma, haberá diferentes actos: encontros con rapaces, unha charla (o vindeiro martes 22 ás 19:00h) para alumnado universitario, e a presentación do monográfico da Revista Galega de Educación sobre arte e ensino. Aquí vai a invitación.

This is an invitación to my exhibition in Centro Sociocultural O Ensanche, in Santiago de Compostela, until the end of this month. There one can find samples of comic, illustration, multimedia material, graphic humour and posters. Santiago University and Santiago City Hall are the organizers, and it intends to show how an exhibition may be a didatic material itself. Together with it, there are (and will be) encounters with children, also with university students (next Tuesday, 22nd), and the presentation of the monographic issue of Revista Galega de Educación, dealing with both art and education.